25 jun 2010

Axudas para compra de libros de texto ¿gratuidade solidaria?

Definición de "UNIDADE FAMILIAR" na normativa do IRPF

Unidade Familiar

A efectos do IRPF, existen dúas modalidades de unidade familiar, a saber:
En caso de matrimonio (modalidade 1ª):
A integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houbese:
  1. Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.
  2. Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
A maioría de idade alcánzase aos 18 anos.
En defecto de matrimonio ou nos casos de separación legal (modalidade 2ª):
A formada polo pai ou a nai e a totalidade dos fillos que convivan con un ou outra e reúnan os requisitos sinalados para a modalidade 1ª anterior.
Da regulación legal, a efectos fiscais, das modalidades de unidade familiar, poden extraerse as seguintes conclusións:
  • Calquera outra agrupación familiar, distinta das anteriores, non constitúe unidade familiar para os efectos do IRPF.
  • Ninguén poderá formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.
  • A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro cada ano.
Así pois, se un fillo cumprise 18 anos durante o ano, xa non formará parte da unidade familiar nese período impositivo.

Orde que regula a organización e funcionamento dos comedores

24 jun 2010

Asignatura de " atención educativa". Que di a lexislación?

No DOG Nº 177 na páxina 15038, di que :
                    o alumnado recibirá a debida
atención educativa segundo as medidas organizativas
establecidas polo centro para tal fin, que estarán
incluídas no proxecto educativo, que se adecuará ás
normas establecidas de non-discriminación e non
comportará aprendizaxes de contidos curriculares.
 Para ler mais :          http://www.ecir.com/webgestion//php/webgestion/accion_descarga.php?acc=5&IdDescarga=217


Prezos e axudas dos comedores escolares

Neste enlace podedes ler o decreto 374/2009 do 6 de agosto publicado no DOG Nº159 do venres, 14 de agosto de 2009 (páxina 13.551)

Que é o IPREM

No decreto que establece os prezos dos comedores escolares, no apartado referente as axudas, establécese o dereito á axuda en función do IPREM.
O Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM), é un indice empregado como referencia para a concesión de axudas, becas, subvencións,etc.
O IPREM sustitue dende o ano 2004 ó Salario Mínimo Interprofesional como referencia para as axudas.
En cada convocatoria teredes que consultar o valor do IPREM do ano que marca a convocatoria das axudas.
Na seguinte táboa tendes o valor correspondente o ano 2010, fixádevos na aclaración correspondente as pagas extraordinarias



Evolución do IPREM:

Ano    IPREM      IPREM anual  IPREM anual
       mensual    (12 pagas)   (14 pagas) 
----   --------   -----------  -----------
2004   460,50 €   5.526,00 €   6.447,00 €
2005   469,80 €   5.637,60 €   6.577,20 €
2006   479,10 €   5.749,20 €   6.707,40 €
2007   499,20 €   5.990,40 €   6.986,80 €
2008   516,90 €   6.202,80 €   7.236,60 €
2009   527,24 €   6.326,86 €   7.381,33 €
2010   532,51 €   6.390,13 €   7.455,14 €